Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


A abella Maia

A abella Maia
みつばちマーヤの冒険
(Mitsubachi Māya no Bōken)
Anime A abella Maia
Dirixido por Hiroshi Saitō, Mitsuo Kaminashi e Seiji Endō
Estudio Nippon Animation
Canle televisiva TV Asahi
Primeira emisión 1 de abril do 1975
19 de setembro do 2011Galicia
Última emisión 20 de abril do 1976
???Galicia
Núm. de capítulos 52
Anime A abella Maia
Dirixido por Mitsuo Kaminashi
Estudio Wako Productions, Apollo Film Wien
Canle televisiva ZDF, TV Osaka, TV Tokyo
Primeira emisión 1 de setembro do 1979
Última emisión 13 de setembro do 1980
Núm. de capítulos 52

A abella Maia (みつばちマーヤの冒険 Mitsubachi Maya no boken?, lit. "As aventuras da abella Maia") é unha serie de televisión de anime producida por Zuiyo Enterprise (hoxe: Nippon Animation) no Xapón. A serie consta de 52 episodios e a súa estrea foi na canle xaponesa TV Asahi no 1975. Baseado no libro do escritor alemán Waldemar Bonsels, publicado en 1912, que acadou grande sona durante a Segunda Guerra mundial[1]. A serie de anime volveuse sumamente popular en Europa e foi retransmitida numerosas veces en diversos países e linguas en todo o mundo dende a súa estrea.

Unha segunda serie d'A abella Maia, 新みつばちマーヤの冒険 Shin Mitsubachi Māya no Bōken (As novas aventuras da abella Maia), foi co-producida no 1979 por Wako Productions e mais Apollo Film Wien. Estreouse primeiro en Alemaña na canle ZDF, en setembro do 1979 ata setembro do 1980. Esta segunda serie doutros 52 episodios, non foi moi popular e non se estreu no Xapón ata outubro do 1982, na canle tv Osaka. Dez episodios desta serie foron engadidos ós 45 episodios da orixinal para a emisión dos EUA, transmitindo en total en Nickelodeon 55 episodios nos EUA.

En Galicia a súa estrea en galego chegou o 19 de setembro do 2011, emitida na tvG2 da man do Xabarín Club.

  1. La abeja Maya cumple 100 años. La Voz de Galicia(en castelán)

Previous Page Next Page