A illa do doutor Moreau | |
---|---|
Cuberta da primeira edición. | |
Título orixinal | The Island of Doctor Moreau |
Autor/a | H. G. Wells |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Ciencia ficción |
Editorial | William Heinemann, Stone & Kimball[1] Edicións Positivas |
Data de pub. | 1896 2005 |
Páxinas | 303 |
ISBN | ISBN 8483022141 |
Tradución | Onofre Savaté |
[ editar datos en Wikidata ] |
A illa do doutor Moreau (en inglés: The Island of Doctor Moreau) é unha novela de ciencia ficción de 1896 escrita por H. G. Wells. O texto da novela é a narración de Edward Prendick, un náufrago rescatado que é deixado na illa do doutor Moreau, un científico tolo que crea ser humanos a partir de animais mediante a vivisección. A novela trata un gran número de temas filosóficos, incluíndo a dor e a crueldade, a responsabilidade moral, a identidade humana e a interferencia humana na natureza.[2] Wells describiuna como "un exercicio de blasfemia xuvenil".[3]
A illa do doutor Moreau é un clásico da ciencia ficción temperá[4] e é un dos libros de Wells máis coñecidos. A novela é unha das primeiras descricións do tema de ciencia ficción "elevación biolóxica" no que unha raza máis avanzada intervén na evolución dunha especie animal co obxectivo de elevala a un nivel maior de intelixencia.[5] Foi adaptado ó cinema e a outros medios en varias ocasións.
Foi traducida ó galego por Onofre Savaté e publicado por Edicións Positivas en 2005.[6]