Aarhus ou Århus é unha cidade dinamarquesa, capital do condado de igual nome, situada ao leste de Xutlandia. É unha das cidades máis antigas de Dinamarca, o bispado data de cando menos o 951, e a segunda con máis poboación. A catedral comezouse a construír no 1201, e é a igrexa máis grande de Dinamarca. A economía baséase nas manufacturas metálicas e para a maquinaria, na fabricación de aceite e no porto comercial.