Abdul Aziz bin Abdul Rahman ibn Faisal Al Saud (en árabe عبد العزيز بن عبد الرحمن بن فيصل ال سعود), chamado Abd al-Aziz III ibn Saud[1], Abdul Aziz Ibn Saud ou simplemente Ibn Saud, nado en Riad probablemente o 24 de novembro de 1880 e finado en Taif o 9 de novembro de 1953, foi un nobre árabe, o primeiro rei de Arabia Saudita. Naceu no seo da Casa de Saud (tamén chamada Casa de Sa'ud), que mantivo historicamente o dominio sobre as terras do interior de Arabia coñecidas coma Nejd.