Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Distrito | Carabanchel | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 30.533 (2018) (19.519,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1,564207 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Abrantes é o barrio n.° 117 da cidade de Madrid (España), un dos sete que compoñen o distrito de Carabanchel. Conta con 30.857 habitantes (INE, 2007). O seu nome coincide coa vía principal do barrio, a avenida de Abrantes.
Limita, ao norte, na Avenida do Porto, co barrio de Opañel; ao sur, na avenida dos Poboados, co barrio de Buenavista; ao oeste, no Camiño Vello de Leganés, co barrio de Puerta Bonita; e ao leste, na Estrada de Toledo, co distrito de Usera.
A avenida de Abrantes comeza na praza Fernández Ladreda, máis coñecida como Praza Elíptica (liñas 6 e 11 de Metro de Madrid), e finaliza na avenida dos Poboados.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abrantes, Madrid |