Accipitriformes Rango fósil: 50 Ma-0 Ma Eoceno-presente[1] | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No sentido das agullas do reloxo, desde arriba á esquerda: Haliaeetus leucocephalus, Circus cinereus, Clanga clanga, Harpia harpyja, Sagittarius serpentarius, Pandion haliaetus, Buteogallus schistaceus, Buteo galapagoensis, Gyps africanus (centro) | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Mapa de diversidade de Accipitriformes (258 especies). O gradiente de cor (de claro a escuro) indica a riqueza en especies.[2]
| |||||||||
Familias | |||||||||
Os Accipitriformes (do latín accipiter/accipitri- "gabián", e o neolatín -formes "que teñen a forma de") son unha orde de aves que inclúe a maioría das aves de presa diúrnas, entre elas os gabiáns, aguias, voitres e miñatos, pero non os falcóns (que se clasifican como falconiformes).
Durante longo tempo a opinión maioritaria dos ornitólogos era incluílos xunto cos falcóns na orde Falconiformes, pero moitas autoridades agora recoñecen como orde separada a Accipitriformes.[3][4][5][6] Un estudo de ADN publicado en 2008 indicou que os falcóns non están estreitamente relacionados cos Accipitriformes, senón que están máis próximos aos papagaios e paseriformes.[7] Desde entón, adoptouse a separación en dúas ordes taxonómicas e a colocación dos falcóns próximos aos papagaios de acordo co Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC)[8][9] e co Comité de Clasificación Suramericano (SAAC) da Sociedade Ornitolóxica Americana,[10][11][12] así como co seu Comité de Clasificación Norteamericano (NACC),[13][14]. A Unión de Ornotólogos Británicos xa recoñeceu como orde a Accipitriformes,[15] e adoptou o movemento de Falconiformes.[16] A proposta baseada no ADN e as clasificacións da IOC e NACC inclúen os voitres do Novo Mundo en Accipitriformes,[7][13], mentres que a SACC clasifícaos nunha orde separada, os Cathartiformes.