Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O aceite de coco, ou de copra, é un aceite vexetal, coñecido tamén como manteiga de coco. Trátase dunha substancia graxa que contén cerca do 90 % de ácidos saturados extraídos mediante prensado da polpa ou a carne dos cocos (froito do coqueiro: Cocos nucifera). Emprégase moito na industria da cosmética (para a elaboración de xabóns e cremas) e tamén pode verse nas gastronomías dalgúns países asiáticos. Este produto constitúe o 7 % do total da accións de Filipinas (o maior exportador deste produto). O aceite de coco atópase de xeito líquido a partir dos 25 °C de temperatura. Por debaixo desa temperatura tende a solidificarse con maior intensidade a máis baixa temperatura. As propiedades do aceite de coco non se alteran ao pasar do estado sólido a líquido nin viceversa. A súa coloración é branca en estado sólido e transparente lixeiramente amarelenta en estado líquido. A súa acidez está por debaixo do 2 %.[1]