Unha substancia adherente[1] ou adhesiva[2] é unha substancia capaz de manter unidas dúas superficies, xeralmente sólido-sólido, de modo que sexa necesario unha forza considerable para a súa separación e, polo tanto, as esixencias básicas son unha adhesión sólida e duradeira. Os adhesivos poden presentarse de distinto xeitos; en estado sólido ou líquido. O estado sólido é o seu estado puro polo que son máis duradeiros e fáciles de almacenar; disólvense segundo as necesidades a diferentes concentracións ou en distintos disolventes. En estado líquido preséntanse en forma fluída en disolucións ou emulsións.