(mn) Монголын тэгш өндөрлөг (mn) ᠮᠣᠩᠭᠣᠯ ᠤᠨ ᠲᠡᠭᠰᠢ ᠥᠨᠳᠥᠷᠯᠢᠭ | |||||
Tipo | Meseta | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Rusia | ||||
Localización | Asia interior | ||||
| |||||
O altiplano de Mongolia é a parte do altiplano de Asia Central situado entre os 37°46′-53°08′N e os 87°40′-122°15′L e cunha área de aproximadamente 3 200 000 km2. Está limitado polas montañas do Gran Hinggan polo leste, as montañas Yin polo sur, o Altai polo oeste e as montañas Saian e Khentii polo norte.[1] O altiplano inclúe o deserto de Gobi ademais de rexións esteparias. Ten unha altitude de entre 1000 e 1500 metros, co punto máis baixo en Hulunbuir e o máis alto no Altai.[1]
O altiplano divídese entre Mongolia, a China e Rusia. Na China, ocupa partes das rexións autónomas de Mongolia Interior e Xinjiang. En Rusia, o altiplano forma parte de Buryatia e do sur do óblast de Irkutsk.