O amorodo, morodo, morogo ou morote é o receptáculo da flor da amorodeira, considerada popularmente o seu froito. O amorodo é unha fonte de Vitamina C, Vitamina A e Vitamina B9.
A Fragaria vesca, a amorodeira brava, dá o amorodo ventureiro ou careixón, mentres a Fragaria virginiana e a Fragaria chiloensis producen a maioría dos amorodos cultivados.