Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Anais de Tigernach

Os Anais de Tigernach (abrev. AT) é unha crónica, probabelmente orixinaria de Clonmacnoise, Irlanda. A linguaxe é unha mestura de latín e irlandés antigo e medio.

Moitos dos rexistros prehistóricos proveñen do manuscrito do século XII, Rawlinson B 502.[1] Porén, a real importancia da crónica refírese ós períodos de 489-766, 973-1003 e 1018-1178.[1] Eses tres fragmentos son orixinarios do manuscrito do século XIV Rawlinson B 488.[1] A cobertura do período 766 até 973 está perdida, mais pénsase que existe de forma reducida na Chronicon Scotorum (abrev. CT). Esta última non abrangue o período de 718 a 804, mais como moito do seu contido deriva da hipotética Crónica de Irlanda, e non dos Anais do Ulster (abrev. AU) e dos Anais de Inisfallen (abrev. AI), é posible ter unha idea do que coteñen os relatos.[1] Kathleen Hughes postula que a AU e AT diverxiron da Crónica de Irlanda algún tempo antes do ano 913.[1]

A crónica debe o seu nome moderno a Tigernach Ua Braín (morto en 1088), abade de Clonmacnoise, mais iso non significa que fose tamén seu autor. A nota engadida á entrada de 1088, ano da súa morte, en Rawlinson B 488 afirma que o texto foi escrito por Tigernach até aquel punto. Se el non máis que o escriba do texto orixinal copiado no século XIV, pode significar que el foi un dos analistas responsábeis ​​polo traballo.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Hughes, Early Christian Ireland: Introduction to the Sources, pp. 99-162.
  2. Charles-Edwards, "Ua Braín, Tigernach (m. 1088)"

Previous Page Next Page