Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Anana branca

NGC 3132. No centro, unha anana branca.

Anana branca é unha posíbel fase final na vida dunha estrela, xunto ó burato negro e as estrelas de neutróns. Despois de que a estrela expulse as súas capas exteriores, se o núcleo ten unha masa inferior a 1,4 veces a masa do Sol, este comprimirase extraordinariamente.

Esgota o seu combustible (fundamentalmente hidróxeno), prodúcese un colapso gravitatorio que fai reducir de tamaño á estrela, pasando a ser aproximadamente como a Terra ou un pouco maior, pero coa mesma masa anterior. No proceso, que dura milleiros de anos, e que segue preto do 97 % das estrelas, a materia remanente chega a solidificarse ó irse arrefriando[1] e volvéndose superdensa.

Este obxecto brilla con luz branca debido á calor residual do núcleo até que ó cabo de miles de anos se apaga formando unha anana negra.

Un exemplo deste tipo de estrela é Sirio B.

  1. esa. "Gaia reveals how Sun-like stars turn solid after their demise". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-10. 

Previous Page Next Page