Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Arco da vella

Arco da vella nunha fervenza.
Arco da vella. Galicia.

O arco da vella, arco iris ou contrasol é un efecto óptico que consiste na aparición no ceo dun arco con bandas de cores, desde o vermello até o violeta, cubrindo todo o espectro visíbel de luz, e que se produce como resultado da presenza simultánea da luz directa do sol e máis da chuvia.

A explicación deste meteoro atópase na dispersión cromática que provocan as pingas de auga condensada presentes no aire, descompoñendo os raios policromáticos procedentes do sol, e desviando o raio correspondente a cada cor cun ángulo diferente. Isto á vez débese á dependencia que exhibe o índice de refracción da auga respecto da frecuencia, longura de onda ou cor da luz, resultando en diferentes ángulos de refracción para as diferentes cores.

Dispersión cromática da luz solar por unha pinga de auga (só a que dá orixe o arco primario)

Como se pode ver no esquema seguinte, o arco da vella é unha ilusión óptica no senso de que a imaxe que resulta da descomposición espectral, fórmase na zona onde se sitúa o observador. Se un fai a proba e acode ao lugar onde semella repousar a parte vermella do arco da vella, non vai atopar luz vermella, só as pingas e a luz case aínda sen descompoñer.

Formación do arco da vella
Formación do arco da vella primario (interior, máis visible) e secundario (exterior, máis tenue). Ilustración de René Descartes.
Formación do arco da vella primario (interior, máis visible) e secundario (exterior, máis tenue). Ilustración de René Descartes.

Outro fenómeno asociado a este é o arco da vella secundario, que aparece a 50-53 graos respecto do primario (o habitual) e cuxa característica máis rechamante é presentar as cores na orde inversa a este. É debido á luz que sofre unha reflexión adicional antes de saír da pinga de auga (pódese ilustrar trazando os raios na pinga da figura de enriba ou nun prisma se se prefire). Só é visíbel cando o primario é moi intenso, senón a luz que sofre esta reflexión é escasa e non se percibe.

Arco da vella primario e secundario (nótese a inversión das cores no segundo)

Previous Page Next Page






Reënboog AF ቀስተ ደመና AM Talakal ni Idek AMI Arco de Sant Chuan AN قوس قزح Arabic ܩܫܬܐ ܕܡܪܢ ARC عرس الديب ARY ৰামধেনু AS Arcu la vieya AST Kurmi AY

Responsive image

Responsive image