Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Aria

Aria do sultán Bazajet na ópera de Handel Tamerlano. Nótese a instrución da capo. Primeira edición, Londres, 1719.

En música, a aria é, no sentido estrito, calquera composición musical escrita para un cantante solista, tendo case o mesmo significado de canción. Xeralmente (mais non necesariamente) emprégase o termo "aria" cando está contida dentro dunha obra maior, como unha ópera, cantata ou oratorio e "canción" cando é unha peza separada.[1]

No sentido amplo, unha aria pode ser destinada a máis dun cantante: para dous cantantes, chámase dúo ou dueto; para tres, trío ou terceto, para catro, cuarteto e así sucesivamente. Por exemplo, Bach chamou aria o dúo de tenor e contralto ("Wie selig sind doch die") da Cantata BWV 80.

No barroco, ese termo tamén se empregaba para designar pezas instrumentais, para orquestra ou solista, que constituían parte dunha suite. Un dos exemplos máis famosos é a aria da Suite nº 3 para orquestra ("Aria da 4ª corda"), de Johann Sebastian Bach. Outros exemplos de aria son "Habanera", da ópera Carmen, de Bizet, e "Nessun Dorma", de Turandot, de Puccini.

  1. HOLST, Imogen ABC da Música. Ed. Martins Fontes, São Paulo: 1987. p. 189-190.

Previous Page Next Page






Arie ALS الآريا Arabic Aria AST Ariya AZ Арыя BE Ария Bulgarian Arija BS Ària (música) Catalan ئاریا CKB Árie Czech

Responsive image

Responsive image