Հայաստան (hy) Հայաստանի Հանրապետություն (hy) | |||||
Himno | Mer Hayrenik | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Iereván | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.930.450 (2017) (98,52 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua armenia | ||||
Relixión | cristianismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 29.743,423459 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Aragats (4.090 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Debed (400 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 23 de setembro de 1991 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república Estado unitario sistema parlamentario | ||||
• Presidente | Vahagn Khachaturyan (2022–) | ||||
Órgano executivo | Goberno de Armenia | ||||
• Primeiro ministro | Nikol Pashinyan (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Nacional de Armenia , (Escano: 107) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Constitucional de Armenia | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 13.861.409.969 $ (2021) | ||||
Moeda | Dram armenio | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .am e .հայ | ||||
Prefixo telefónico | +374 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 101, 102 e 103 | ||||
Código de país | AM | ||||
Sitio web | gov.am… | ||||
Armenia[1] (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental,[2][3] está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Azerbaidján ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur.[4] A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.
Armenia é unha nación-estado unitaria,[5][6] pluripartidista e democrática cunha rica e antiga herdanza cultural. Urartu foi estabelecido o -860 e no século -VI foi substituído pola Satrapía de Armenia. O Reino de Armenia alcanzou ó seu máximo apoxeo baixo Tigranes II o Grande no século -I e converteuse no primeiro estado do mundo en adoptar o cristianismo como relixión oficial a finais do século III e comezos do IV.[7][8][9] A data oficial da adopción é o ano 301.[10] O antigo reino de Armenia foi dividido entre os bizantinos e o Imperio Sasánida arredor do século V. Baixo a dinastía Bagratuni, a Armenia bagrátida foi restaurada no século IX. Por mor das loitas contra os bizantinos, o reino caeu no ano 1045 e Armenia foi invandida polo Imperio Selxúcida. Un principado armenio e posteriormente o reino armenio de Cilicia asentáronse na costa do mar Mediterráneo entre os séculos XI e XIV.
Entre os século XVI e XIX, as patrias armenias tradicionais composta por Armenia Oriental e Armenia Occidental caeron baixo o goberno dos imperios Otomán e Iraniano. No século XIX, Armenia Oriental foi conquistada polo Imperio Ruso, mentres que a maioría das terras tradicionais armenias occidentais permaneceron baixo control otomán. Durante a primeira guerra mundial, os armenios que vivían no Imperio Otomán foron sistematicamente exterminados durante o xenocidio armenio. En 1918, despois da Revolución Rusa, tódolos países non rusos declararon a súa independencia despois de que o Imperio Ruso deixase de existir, o que levou ao estabelecemento da Primeira República de Armenia. En 1920, o estado foi incorporado á República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica, e en 1922 converteuse en membro fundador da Unión Soviética.[11] En 1936, o estado Transcaucásico foi disolto, transformando os seus estado constituíntes, incluíndo a República Socialista Soviética de Armenia, en repúblicas da Unión. A moderna República de Armenia converteuse en estado independente en 1991 durante a disolución da Unión Soviética.
A moderna República de Armenia recoñece á Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa nacional máis antiga do mundo, como a principal relixión do país.[12][13] Os armenios posúen ademais o seu propio alfabeto, inventado por Mesrop Mashtots no ano 405 d.C.
É ademais membro da Unión Económica Eurasiática, as Nacións Unidas, o Consello de Europa e a Organización do Tratado da Seguridad Colectiva. Armenia apoia a independente de facto República de Artsakh, que foi proclamada en 1991.
"A conversión de Armenia ao cristianismo foi probablemente o paso máis crucial da súa historia. Armenia desligouse bruscamente do seu pasado iránico que durante séculos, cun carácter intrínseco, identificou claramente a poboación autóctona como a da súa contorna, case ao mesmo tempo se identificou Armenia como o primeiro estado que adoptou o cristianismo"
Os datos estimados varían dende o 284 ao 314.