Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.
Arpexo
Un arpexo[1], ou arpexio[2], é un acorde interpretado tocando as notas que o forman en sucesión, no canto de simultaneamente. A palabra provén do italiano arpeggio, que significa "á maneira da arpa". As formas máis estendidas de executalos son:
Permitindo que as notas graves soen mentres se executa o resto do acorde, tomando así un certo soporte de baixo: isto é habitual cando o acorde incorpora polo menos menos dúas oitavas.
Tocando as notas illadas, de xeito que soen notas soltas: isto é habitual cando o acorde interpretado non vai alén da oitava da nota fundamental.