Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Arte

A arte (do latín ars, artis, a través do seu acusativo singular artem)[1] é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.

A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ó longo do espazo e do tempo. Adoita considerarse que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo un compoñente estético e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental. A arte é unha actividade exclusiva do ser humano.

A noción de arte continúa hoxe en día suxeita a profundas polémicas, posto que a súa definición está aberta a múltiples interpretacións, que varían segundo a cultura, a época, o movemento, ou a sociedade para a cal o termo ten un determinado sentido. O vocábulo arte ten unha extensa acepción, podendo designar calquera actividade humana feita con xeito e dedicación, ou calquera conxunto de regras necesarias para desenvolver de forma óptima unha actividade: fálase así de arte culinaria, arte médica, artes marciais, artes de arrastre na pesca etc. Nese sentido, arte é sinónimo de capacidade, habilidade, talento, experiencia. Porén, máis comunmente adoita ser considerada a arte como unha actividade creadora do ser humano, pola que produce unha serie de obxectos (obras de arte) que son singulares, e cuxa finalidade é principalmente estética. Nese contexto, arte sería a xeneralización dun concepto expresado desde antano como “belas artes”, actualmente algo en desuso e reducido a ámbitos académicos e administrativos. De igual forma, o emprego da palabra arte para designar a realización doutras actividades veu sendo substituído por termos como técnica ou oficio. Neste artigo trátase de arte entendida como un medio de expresión humana de carácter creativo.

  1. Carracedo Fraga, J. (1999). Diccionario latín-galego. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-318-6. 

Previous Page Next Page






Kuns AF Kunst ALS Кееркемел ALT ሥነ ጥበብ AM Arte AN कला ANP فن Arabic فن ARY فن ARZ কলা AS

Responsive image

Responsive image