Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Arte abstracta

Cadrado Negro por Kasimir Malevich.

A arte abstracta é un estilo artístico que xurdiu arredor de 1910 e cuxas consecuencias múltiples fixeron del unha das manifestacións máis significativas do espírito do século XX.

A arte abstracta deixa de considerar xustificada a necesidade da representación figurativa e tende a substituíla por unha linguaxe visual autónoma, dotada das súas propias significacións.

Esta linguaxe elaborouse a partir das experiencias fauvistas e expresionistas, que exaltan a forza da cor e desembocan na chamada abstracción lírica ou informalismo, ou ben a partir da estruturación cubista, que dá lugar ás diferentes abstraccións xeométricas e construtivas.


Previous Page Next Page