Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Asedio

Representación do asedio dunha cidade medieval

Un asedio ou cerco[1] é a acción militar que consiste en rodear con xente armada un lugar para combatelo, privalo de comunicacións e apoderase del. Asediar implica o bloqueo militar prolongado dunha fortaleza, que adoita ir acompañado do asalto da mesma, co obxectivo da súa conquista mediante a forza ou o desgaste. Ten lugar cando un atacante se atopa cunha cidade ou fortaleza que rexeita a rendición e non pode ser tomada facilmente cun asalto frontal. Normalmente comporta o rodeo do obxectivo marrada e o bloqueo das liñas de abastacemento, e se fose preciso, axudados con maquinaria de asedio, bombardeo de artillaría e a construción de túneles subterráneos para superar as fortificacións. O termo provén do latín sĕdĭcum, "asento", derivado de sĕdēre, "sentar".

Na historia, os asedios probablemente xurdiron paralelamente co desenvolvemento das cidades e os grandes centros de poboación. As cidades antigas de Oriente Medio, por exemplo, xa amosan restos arqueolóxicos de murallas fortificadas. Durante o período dos Reinos Combatentes na China, hai probas tanto textuais como arqueolóxicas de asedios prolongados e do emprego de máquinas de asedio contra os defensores da cidade.

Durante o Renacemento e na Idade Moderna, os asedios dominaron a forma de guerra en Europa até o punto que Leonardo da Vinci, por exemplo, acadou gran parte do seu renome mediante o deseño de fortificacións no seu estudio. As campañas medievais xeralmente se deseñaban a través dunha sucesión de asedios. Porén, na era napoleónica, o emprego cada vez maior de canóns moi poderosos reduciu o valor das fortificacións, de xeito que xa nos tempos modernos, as trincheiras substituíron as murallas, e os búnqueres substituíron os castelos. Xa no século XX a importancia do asedio clásico foi declinando por mor da chegada da guerra móbil. Unha fortificación concreta deixou de ser tan decisiva como o era antes e, por isto, malia que aínda se facían asedios concretos, xa non eran tan importantes nin tan comúns como o eran antes, sobre todo pola facilidade coa se poden dirixir grandes volumes de poder destrutivo contra un só obxectivo estático.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cerco.

Previous Page Next Page






Beleëring AF Setio AN حصار Arabic حصار عسكرى ARZ Asediu AST Mühasirə AZ Аблога BE Обсада Bulgarian Opsada BS Setge Catalan

Responsive image

Responsive image