Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Asparagales

Asparagales

Camassia cusickii.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Angiospermae
Clase: Monocotyledoneae
Orde: Asparagales
Familias
  • Orchidaceae (familia nº 62)
  • Boryaceae (familia nº 63)
  • Blandfordiaceae (familia nº 64)
  • Asteliaceae (familia nº 65)
  • Lanariaceae (familia nº 66)
  • Hypoxidaceae (familia nº 67)
  • Tecophilaeaceae (familia nº 68)
  • Doryanthaceae (familia nº 69)
  • Ixioliriaceae (familia nº 70)
  • Iridaceae (familia nº 71)
  • Xeronemataceae (familia nº 72)
  • Xanthorrhoeaceae (familia nº 73)
  • Amaryllidaceae (familia nº 74)
  • Asparagaceae (familia nº 75)
  • Asphodelaceae (agora subfamilia Asphodeloideae, incluída en Xanthorrhoeaceae sensu lato en APG II e APG III, familia 73)
  • Hemerocallidaceae (agora subfamilia Hemerocallidoideae, incluída en Xanthorrhoeaceae sensu lato en APG II e APG III, familia 73)
  • Agapanthaceae (agora subfamilia Agapanthoideae, incluída en Amarillidaceae en APG III, familia 74)
  • Alliaceae (agora subfamilia Allioideae, incluída en Amarillidaceae en APG III, familia 74)
  • Aphyllanthaceae (agora subfamilia Aphyllanthoideae, incluída en Asparagaceae sensu lato en APG II e APG III, familia 75)
  • Themidaceae (agora subfamilia Brodiaeoideae, incluída en Asparagaceae sensu lato en APG II e APG III, familia 75)
  • Hyacinthaceae (agora subfamilia Scilloideae, incluída en Asparagaceae sensu lato en APG II e APG III, familia 75)
  • Agavaceae (agora subfamilia Agavoideae, incluída en Asparagaceae sensu lato en APG II e APG III, familia 75)
  • Laxmanniaceae (agora subfamilia Lomandroideae, incluída en Asparagaceae sensu lato en APG II e APG III, familia 75)
  • Ruscaceae (agora subfamilia Nolinoideae, incluída en Asparagaceae sensu lato en APG II e APG III, familia 75)
  • Hesperocallidaceae, recoñecida en APG II, foi incluída en Agavoideae en APG III polas análises moleculares de ADN).

sensu APG III (2009),[1] números de familia asignados segundo o Lineal APG III (LAPG III 2009)[2]

Asparagales é unha orde de plantas anxiospermas utilizada en sistemas de clasificación modernos como o sistema de clasificación APG III do ano 2009[3] e o APWeb,[4] que comprende polo menos a familia Asparagaceae. Asparagales é unha orde que se recoñeceu moi recentemente nos sistemas de clasificación e moitas das súas familias pertencían á antiga orde Liliales. Liliales fora unha orde moi ampla na cal se situaban todas as monocotiledóneas de tépalos vistosos e sen amidón no endosperma, que fora difícil de dividir en familias porque os seus caracteres morfolóxicos non aparecían en padróns que delimitasen claramente grupos. Co tempo empezouse a recoñecer a orde Asparagales, especialmente cando as análises moleculares de ADN indicaron que Liliales debía ser dividida polo menos en Liliales, Asparagales e Dioscoreales. Asparagales é unha orde bastante grande, consta de 14 familias e unhas 26 000 especies. Aínda que a orde está claramente circunscrita baseándose nas análises de secuencias de ADN pero é dificultosa de definir morfoloxicamente, xa que é un dos grupos de monocotiledóneas estruturalmente máis diverso. Así, a orde inclúe desde plantas herbáceas de non máis de 15 cm ata algunhas especies de Agave que superan os 10 m de altura. Nestes sentido, a súa separación da orde Liliales é particularmente problemática.

Unha das características que definen esta orde, e posible apomorfía (ademais dos datos moleculares), é a presenza de fitomelanina, un pigmento escuro presente nas cubertas das sementes. As fitomelaninas encóntranse na maioría das familias de Asparagales, pero perdéronse aparentemente nalgúns taxons, e o exemplo máis salientable nese aspecto é Orchidaceae.

A maioría das especies de Asparagales son plantas herbáceas perennes, aínda que hai algúns exemplos de plantas gabeadoras (certas especies de Asparagus, subfamilia Asparagoideae) e leñosas (algúns Aloe, subfamilia Asphodeloideae). Case todas as especies desta orde producen unha roseta apertada de follas na base das plantas (son "plantas en roseta"), outras levan esa mesma disposición de follas no extremo dun tronco (Yucca), e nuns poucos casos as follas aparecen ao longo do talo. As flores frecuentemente están no extremo do talo.

Dentro das monocotiledóneas e desde o punto de vista económico, a orde Asparagales é a segunda en importancia despois da orde Poales (a cal comprende os pastos e os cereais). A orde contén moitas especies de importancia hortícola (cebola, allo, espárrago, porro), en floricultura (Freesia, gladíolo, iris, moitas orquídeas), xardinería (Hemerocallis, Convallaria, Agapanthus) e especias (vainilla).

Desde o punto de vista da súa taxonomía, Asparagales é unha orde suxerida por Huber (1977),[5] logo adoptado por Dahlgren et al. (1985),[6] e reafianzada en 1998 polo Grupo de Filoxenia das Anxiospermas (en inglés orixinal, "Angiosperm Phylogeny Group", siglas APG),[7] retomado no 2003 polo APG II,[8] e en 2009 polo APG III),[1] e tamén polo APWeb (2001 ata agora).[4] Porén, as delimitacións das familias de Asparagales sufriron unha serie de mudanzas en anos recentes, e aínda se necesitan máis estudos para que se estabilice a súa circunscrición e as súas relacións.

  1. 1,0 1,1 The Angiosperm Phylogeny Group III ("APG III", en orde alfabética: Brigitta Bremer, Kåre Bremer, Mark W. Chase, Michael F. Fay, James L. Reveal, Douglas E. Soltis, Pamela S. Soltis y Peter F. Stevens, además colaboraron Arne A. Anderberg, Michael J. Moore, Richard G. Olmstead, Paula J. Rudall, Kenneth J. Sytsma, David C. Tank, Kenneth Wurdack, Jenny Q.-Y. Xiang y Sue Zmarzty) (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III.". Botanical Journal of the Linnean Society (161): 105–121. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 25 de maio de 2017. Consultado o 06 de maio de 2017. 
  2. Elspeth Haston, James E. Richardson, Peter F. Stevens, Mark W. Chase, David J. Harris. The Linear Angiosperm Phylogeny Group (LAPG) III: a linear sequence of the families in APG III Botanical Journal of the Linnean Society, Vol. 161, No. 2. (2009), pp. 128-131. doi:10.1111/j.1095-8339.2009.01000.x Key: citeulike:6006207 pdf: http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1095-8339.2009.01000.x/pdf
  3. The Angiosperm Phylogeny Group III ("APG III" Brigitta Bremer, Kåre Bremer, Mark W. Chase, Michael F. Fay, James L. Reveal, Douglas E. Soltis, Pamela S. Soltis y Peter F. Stevens, Arne A. Anderberg, Michael J. Moore, Richard G. Olmstead, Paula J. Rudall, Kenneth J. Sytsma, David C. Tank, Kenneth Wurdack, Jenny Q.-Y. Xiang y Sue Zmarzty (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III.". Botanical Journal of the Linnean Society (161): 105–121. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 25 de maio de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Stevens, P. F. (2001 en adiante). "Angiosperm Phylogeny Website (Versión 9 de xuño de 2008 e actualizado desde entón)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2008. 
  5. Huber, H. (1977). "The treatment of monocotyledons in an evolutionary system of classification.". Plant Systematics and Evolution, Supplement 1: 285–298. 
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Dahlgren et al. 1985
  7. Angiosperm Phylogeny Group. (1998). "An ordinal classification for the families of flowering plants.". Ann. Misouri Bot. Gard. 85: 531–553. 
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome APG II 2003

Previous Page Next Page