At the Drive-In | |
---|---|
Orixe | El Paso, Texas, Estados Unidos |
Período | 1993 - 2001 2012 2016 - presente |
Xénero(s) | post-hardcore |
Selo(s) discográfico(s) | Grand Royal, Rise Records, Fearless Records |
Membros | Cedric Bixler-Zavala Keeley Davis Omar Rodríguez-López Paul Hinojos Tony Hajjar |
Antigos membros | Jim Ward Jarrett Wrenn Kenny Hopper Bernie Rincon Davy Simmons Adam Amparan Ryan Sawyer Ben Rodriguez |
Artistas relacionados | De Facto, Dios Kilos, El Grupo Nuevo de Omar Rodríguez López, The Fall on Deaf Ears, The Mars Volta, Omar Rodriguez Lopez Group, Sleepercar, Sparta, Crime in Choir, Antemasque |
Na rede | |
atthedriveinmusic.com | |
At The Drive-In é unha banda de post-hardcore formada en El Paso, Texas, e que estivo activa entre os anos 1993 e 2001. Os seus membros foron: Cedric Bixler (voz, percusión e sintetizadores), Omar Rodríguez-López (guitarra e voz) Jim Ward (guitarra, voz, teclados e percusión), Paul Hinojos (baixo) e Tony Hajjar (batería). A comezos do ano 2012 a banda anunciou unha reunión para realizar varios concertos.
No ano 2016 a banda reuniuse por segunda vez, nesta ocasión sen o guitarrista Jim Ward que foi substituído polo membro de Sparta Keeley Davis. O grupo tivo que cancelar parte da súa xira norteamericana despois de que Bixler comezase a ter problemas coa súa voz. O 8 de decembro At the Drive-In publicaría o sinxelo "Governed by Contagions", 16 anos despois de editar o seu último material.
A banda publicou o seu cuarto álbum de estudio, in•ter a•li•a, no ano 2017. En novembro de 2018 At the Drive-In anunciou un hiato indefinido.[1]