Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Augas residuais

Planta de tratamento de augas en Cuxhaven, Alemaña

As augas residuais son calquera tipo de auga cuxa calidade se viu afectada negativamente por influencia antropoxénica. Inclúen as augas usadas domésticas e urbanas, e os residuos líquidos industriais ou mineiros eliminados, así como as augas que se mesturaron coas anteriores (augas pluviais ou naturais). As chamadas augas negras son as augas residuais que están contaminadas con feces ou urina.

A FAO define augas residuais como:

Auga que non ten valor inmediato para a fin para a que se utilizou nin para o propósito para a que se produciu debido á súa calidade, cantidade ou o momento en que se dispón dela. Porén, as augas residuais dun usuario poden servir para a subministración doutro usuario noutro lugar. As augas de refrixeración non se consideran augas residuais.
FAO[1]

As augas residuais urbanas son xeralmente conducidas por sistemas de sumidoiros e tratadas nunha planta de tratamento de augas para a súa depuración antes do seu vertido, aínda que non sempre é así en todos os países. As augas residuais xeradas en áreas ou vivendas sen acceso a un sistema de sumidoiros centralizado trátanse no mesmo lugar xeralmente en fosas sépticas, e máis raramente en campos de drenaxe séptica, e ás veces con biofiltros.

  1. Glosario

Previous Page Next Page






Aigües residuals urbanes Catalan Splašková voda Czech Sewage English Kloaka akvo EO Aguas residuales Spanish Jätevesi Finnish Offalwetter FY Skólp IS 生活排水 Japanese सांडपाणी MR

Responsive image

Responsive image