A bacteriorrodopsina é unha proteína utilizada polas arqueas, principalmente polas halobacterias, que capta enerxía da luz e utiliza esta para actuar como unha bomba de protóns, que transporta protóns a través da membrana cara ao exterior da célula.[1] O gradiente de protóns resultante é posteriormente convertido en enerxía química.[2]