Bandeira de Redondela | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Cores | Granate Ouro |
A bandeira de Redondela é a bandeira oficial do concello homónimo. Atópase regulada polo Decreto 138/2016, do 20 de outubro dese mesmo ano.[1]
A descrición do escudo, tal e coma se recolle na norma que o regula, e conforme ao aprobado pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, é a seguinte:
O pano de cor granate, a letra R maiúscula de ouro (amarelo) posta no centro e acompañada de tres vieiras tamén de ouro, dúas no xefe e unha na punta.
O deseño da bandeira foi realizado polo Seminario de Estudos Redondeláns, que recolleu os símbolos de identidade da vila de acordo coa normativa heráldica.[2]