Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Bandeira de Tokelau

Bandeira de Tokelau
Bandeira de Tokelau
Características
Uso
Proporción1:2
Adopciónmaio de 2008
Cores     Azul     Amarelo     Branco

A bandeira de Tokelau foi adoptada polo parlamento local de dito territorio dependente de Nova Zelandia en maio de 2008.[1] Ata esa data, a bandeira oficial correspondía á bandeira de Nova Zelandia.

A bandeira de Tokelau está composta por un fondo azul mariño sobre o que hai un triángulo curvado de cor amarela con catro estrelas formando a Cruz do Sur no cantón. O fondo representa o océano Pacífico mentres que as estrelas son unha referencia a Nova Zelandia e ós tres atois que forman Tokelau (Atafu, Nukunono e Fakaofo) e a illa Swains, reclamada por Tokelau pero baixo administración actual dos Estados Unidos de América (a través da Samoa Americana).

En 1989 foi deseñada unha bandeira de carácter non oficial destinada a representar a Tokelau. Esta bandeira consiste nun pano de cor azul no que figuran tres aneis concéntricos dourados. Estes aneis aparecen cortados na súa parte esquerda e dereita. No corte dos aneis que está situado máis preto do mastro hai tres estrelas brancas de cinco puntas cada unha e no que está máis afastado, unha palmeira de cor verde. As estrelas e os aneis representan de igual forma ós atois do arquipélago, aínda que non inclúen a Swains.

  1. Council for the Ongoing Government of Tokelau. "Newsletter" (en inglés). Consultado o 13/06/2008. 

Previous Page Next Page