Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Baroque pop | |
---|---|
Orixe musical | rock, pop, música barroca, música clásica |
Orixe cultural | mediados dos 60 no Reino Unido e Estados Unidos |
Instrumentos típicos | guitarra, baixo, batería, trompas, instrumentos de corda, clavecín |
Derivados | art rock, pop psicodélico, rock progresivo, rock psicodélico, rock experimental, sunshine pop |
O baroque pop, baroque rock ou English baroque, a miúdo tamén se usa indistintamente o termo chamber pop/rock, é un subxénero da música pop rock orixinario do Reino Unido e dos Estados Unidos. Apareceu a mediados dos anos 60 como unha fusión do pop rock coa música clásica, en particular do barroco e do clasicismo.
O baroque pop acadou o seu maior grao de éxito na segunda metade dos anos 60, con varios grupos e artistas destacados que se dedicaron a cultivar o xénero; entre eses entán The Beach Boys, The Moody Blues, The Beatles, Left Banke, The Rolling Stones, Love e Procol Harum entre outros. A popularidade do baroque pop caeu nos anos 70, en parte debido ao punk rock, a música disco e o hard rock ocuparon o seu espazo. Porén, o xénero seguiuse producindo e exerceu un grao de influencia noutros estilos, como no chamber pop dos anos 90, que contiña producións ornamentais e influencias clásicas. Por outra banda, dende a década de 1990, o baroque pop viu un rexurdimento; varios artistas destacados, como Belle and Sebastian, Regina Spektor e The Divine Comedy ioncorporaron elementos do xénero ao seu traballo.