Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Barrios de Toquio

Mapa da porción principal de Toquio mostrando cidades veciñas e a baía de Toquio.

Os 23 barrios especiais (特別区 tokubetsuku) constitúen a subdivisión administrativa de Toquio, no Xapón. Varían moito en tamaño (de 10 a 60 km²) e en poboación (de 40 000 a 830 000 habitantes). Setagaya é o máis populoso; e Ōta, é o que ten a maior extensión.

Existen barrios (区 ku) noutras cidades do Xapón, mais os de Toquio son especiais. Dende a década de 1970 os barrios de Toquio teñen unha autonomía maior da que teñen outros barrios, tornándose algo máis semellante a unha cidade independente que distritos dunha cidade. Cada barrio especial conta co seu propio "alcalde" (区長 kuchō) e "asemblea" (区議会 kugikai).

A poboación total dos 23 barrios é de 8,28 millóns (2002), preto de 2/3 da poboación de Toquio e un cuarto da poboación da Área do Gran Toquio. A súa densidade de poboación é de 13 333 hab./km².


Previous Page Next Page