Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Batalla de Inglaterra

Batalla de Inglaterra
Segunda guerra mundial

Tipobatalla aérea Editar o valor en Wikidata
Data
10 de xullo de 1940 Editar o valor en Wikidata 
╴31 de outubro de 1940 Editar o valor en Wikidata
ResultadoVitoria británica
LocalizaciónEspazo aéreo do Reino Unido
Belixerantes
Reino Unido Reino Unido
Canadá Canadá
Australia Australia
Alemaña nazi Alemaña
Reino de Italia Italia
Líderes
Hugh Dowding
Keith Park
Trafford Leigh-Mallory
Quintin Brand
Richard Saul
Canadá Lloyd Breadner
Alemaña Nazi Hermann Göring
Alemaña Nazi Albert Kesselring
Alemaña Nazi Hugo Sperrle
Alemaña Nazi Hans-Jürgen Stumpff
Reino de Italia Rino Fougier[1]
Forzas
1 963 avións 2 550 avións
Feridos
422 735
Composto por
Adlertag (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Campaña
Segunda guerra mundial Editar ]
Wikidata ]

A batalla de Inglaterra foi unha das batallas máis importantes da segunda guerra mundial, librada entre as forzas aéreas do Reino Unido (RAF) e da Alemaña nazi (Luftwaffe) nos ceos de Gran Bretaña durante 1940 e 1941. Segundo os historiadores británicos, comeza o 10 de xullo de 1940 e remata o 31 de outubro de 1940, mentres que os alemáns din que durou dende agosto de 1940 ata maio de 1941; dependendo do que se considera batalla. Non obstante, os combates aéreos alcanzaron o seu cumio dende agosto ata outubro de 1940, onde sucederon as loitas decisivas. Trátase da primeira gran campaña militar loitada completamente por forzas aéreas.[2]

O principal obxectivo das forzas alemás era o de obrigar a Reino Unido a chegar a un acordo de paz negociado. En xullo de 1940 comezou o bloqueo naval e aéreo, centrándose a Luftwaffe principalmente en convais costeiros, así como portos e centros marítimos como Portsmouth. O 1 de agosto a Luftwaffe foi dirixida para acadar a superioridade aérea sobre a RAF, co obxectivo de incapacitar o seu Mando de Caza; 12 días despois, trasladou os ataques aos aeródromos e infraestruturas da RAF. A medida que a batalla progresaba, a Luftwaffe tamén comezou a atacar fábricas relacionadas coa produción de avións e infraestruturas estratéxicas. Finalmente empregou bombardeos para aterrorizar á poboación sobre áreas de importancia política e sobre civís.[3]

Os alemáns superaran rapidamente Francia e os Países Baixos, deixando ao Reino Unido enfrontándose á ameaza dunha invasión por mar. O alto mando alemán recoñeceu as dificultades dun ataque marítimo mentres a Royal Navy controlase o canal da Mancha e o mar do Norte. O 16 de xullo Hitler ordenou a preparación da Operación León Mariño como un potencial asalto anfibio e aerotransportado ao Reino Unido, que se levaría a cabo unha vez que a Luftwaffe tivese a superioridade aérea sobre o canal. En setembro, as incursións nocturnas do Mando de Bombardeo da RAF que perturbaron a preparación alemá de barcazas reconvertidas, e o fracaso da Luftwaffe ao intentar esmagar a RAF forzaron a Hitler a pospoñer e finalmente cancelar a Operación León Mariño. A Luftwaffe foi incapaz de manter as incursións á luz do día, pero as súas continuas operacións nocturnas no Reino Unido coñecéronse como o Blitz.

O fracaso alemán ao intentar destruír as defensas aéreas británicas para forzar un armisticio (ou incluso unha rendición absoluta) foi a primeira gran derrota alemá na segunda guerra mundial é un punto de inflexión crucial no conflito.

  1. Haining 2005, p. 68
  2. "Battle of Britain Memorial Flight - 92 Squadron - Geoffrey Wellum". web.archive.org. 2009-03-02. Archived from the original on 02 de marzo de 2009. Consultado o 2023-08-04. 
  3. Bungay 2000, pp. 305-306

Previous Page Next Page