Bayer Giants Leverkusen | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ProA |
Fundación | 1961 |
Historia | TuS Bayer 04 Leverkusen (1961−1983) TSV Bayer 04 Leverkusen (1983−2000) |
Cores | Vermello, branco |
Adestrador | Hansi Gnad |
Patrocinador | Bayer |
Localización | |
Cidade | Leverkusen, Alemaña |
Pavillón | Ostermann-Arena |
Capacidade | 3 500 |
Inauguración | 1974 |
Campionatos | |
Liga | 14 (1970−1972, 1976, 1979, 1985−1986, 1990−1996) |
Copa | 10 (1970−1971, 1974, 1976, 1986−1987, 1990, 1991, 1993, 1995) |
giants-leverkusen.de |
O Bayer Giants Leverkusen é un equipo de baloncesto profesional, parte do club polideportivo alemán TSV Bayer 04 Leverkusen con sede na cidade de Leverkusen, Renania do Norte-Westfalia. O equipo foi fundado en 1961, sendo o club máis laureado do baloncesto xermano con catorce títulos de Liga e dez de Copa.[1] Porén, en 2008, viuse forzado a descender da Basketball Bundesliga por unha redución no seu orzamento. Actualmente compite na ProA, segunda catogoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus encontros como local no Ostermann-Arena, pavillón con capacidade para 3 500 espectadores.