Betanzos - Mandeo |
Tipo | espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais |
---|
|
|
División administrativa | Aranga, España, Bergondo, España, Betanzos, España, Coirós, España, Irixoa, España, Miño, España, Paderne, España e Oza-Cesuras, España |
|
|
|
Superficie | 1.024,43915 ha |
---|
|
|
World Database on Protected Areas |
---|
Identificador | 349110 |
---|
|
|
|
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 |
---|
|
|
Betanzos-Mandeo é un espazo protexido galego é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue 1.020 ha dos concellos de Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne e Oza-Cesuras.[1][2][3][4] Acolle a boa parte do río Mandeo e o río Mendo, rexión onde se conservan as tradicionais fragas de ribeira e as marismas na desembocadura do río, na ría de Betanzos.[4][5] A importancia da súa conservación reside na súa flora de ribeira e da vexetación da marisma, típica do Cantábrico e do Atlántico meridional. Tamén, por ser un hábitat onde se conserva o salmón atlántico.[5]
É tamén unha zona de especial protección dos valores naturais.[4]
- ↑ "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, pola que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de decembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 páx.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 14 de agosto de 2017.
- ↑ "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 14 de agosto de 2017.
- ↑ "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 14 de agosto de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Betanzos-Mandeo, Código ZEC ES1110007. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017.