Black Flag | |
---|---|
Logo de Black Flag. | |
Orixe | Hermosa Beach (California), Estados Unidos |
Período | 1976 - 1986 2003 |
Xénero(s) | hardcore punk |
Membros | Henry Rollins Greg Ginn Chuck Dukowski Keith Morris Chavo Pederast ROBO Dez Cadena Bill Stevenson Kira Roessler Chuck Biscuits Emil Johnson C'el Revuelta Anthony Martinez David Horvitz Raymond Pettibon |
Artistas relacionados | Circle Jerks, Misfits, Minutemen, Descendents, OFF!, Rollins Band |
Na rede | |
http://blackflagofficial.com/ e https://www.blackflagband.com/ | |
Black Flag foi unha banda de hardcore punk formada en 1976 no sur de California. Está considerada a primeira banda de hardcore punk. Foi co-fundada por Greg Ginn, guitarrista, principal compositor e único membro que estivo na banda durante toda a súa traxectoria.
O son de Black Flag mesturaba a simplicidade crúa dos Ramones con solos de guitarra atonais e frecuentes cambios de tempo. As letras, compostas principalmente por Ginn, e ao igual que noutras bandas de punk rock de finais dos 70 e principios dos 80, tiñan unha mensaxe anti-autoritario e inconformista, con cancións que falaban do illamento social, a neurose, a pobreza ou a paranoia.