Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Blockbuster

O primeiro blockbuster cinematográfico normalmente admitido como xénero cinematográfico é Tiburón de Steven Spielberg.

Un blockbuster, bombazo ou éxito de vendas, son termos que se aplican ós filmes, ó teatro e ás veces tamén ós videoxogos, que denotan que son populares ou exitosos, normalmente cunha produción que leva un grande orzamento e que logran os mellores resultados en venda de billetes nun tempo marca.

Blockbuster (en inglés, literalmente 'que fai estoupar un bloque -de edificios-') era nun principio un termo do argot teatral estadounidense que cualificaba unha peza que lograba un éxito importante. Polo tanto, un blockbuster sería unha peza que levaría todos os outros teatros da veciñanza á quebra.

O termo blockbuster foi sacado probablemente do vocabulario militar: blockbuster era o nome do tipo de bomba máis poderosa utilizada polos exércitos británico e estadounidense durante a segunda guerra mundial.[1] O termo blockbuster foi reutilizado no cinema para cualificar os filmes de alto orzamento e de grandes ingresos, producións excepcionais no plano financeiro, material e humano.

  1. "Google Ngram Viewer". books.google.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 

Previous Page Next Page