Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Bocalada

Emoji empregado nas redes sociais para expresar ira ou frustración do remitente. Dependendo do deseño pode consistir nunha cara arroibada e grawlixes brancos (símbolos tipográficos, como @#$%&, que representan bocaladas) o que indica que está a maldicir ou proferindo insultos.

As bocaladas,[1] grosarías,[2] groserías[3] ou palabras feas son un conxunto de formas lingüísticas que a comunidade lingüística ou parte dela considera inapropiadas, obscenas, indecentes, deshonestas, inxuriosas ou ofensivas. A quen emprega estas palabras con frecuencia considéraselle bocalán,[4] malfalado,[5] desbocado[6] ou deslinguado.[7]

É propio das bocaladas referirse ao que socialmente se considera sacro (relixión, raza, orixe familiar ou nacional) ou tabú (escatoloxía, determinadas partes do corpo, sexo, sicalipse, humor negro); liberando a tensión emocional con expresións excesivas ou hiperbólicas (blasfemia, maldición, renego, xuramento, voto) ou dirixíndose a un destinatario concreto en forma de improperio, insulto, desprezo, ridiculización, estigmatización ou descrición persoal exacerbada.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bocalada.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grosaría.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grosería.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bocalán.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para malfalado.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para desbocado.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para deslinguado.

Previous Page Next Page