Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 483 Kanchipuram, India (pt) |
Morte | 540 (56/57 anos) Shaolin, República Popular da China (pt) |
Relixión | Budismo e Zen |
Actividade | |
Campo de traballo | Zen e Kung-fu |
Ocupación | bhikkhu, Zen master (en) , filósofo, monxe |
Alumnos | Huike (pt) e Q19855807 |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, A Dictionary of Chinese Buddhist Terms (en) |
Bodhidharma foi un semilendario monxe budista que viviu durante os séculos V ou VI. Está considerado tradicionalmente como o tranmisor do budismo chan á China, e como o primeiro patriarca chinés. Segundo a lenda chinesa, tamén comezou a adestrar fisicamente os monxes do mosteiro shaolin que levou á creación do kungfu shaolin. No Xapón é coñecido como Daruma. O seu nome significa "dharma do espertar (bodhi)" en sánscrito.[1]
Existe escasa información biográfica contemporánea sobre Bodhidharma, e os textos posteriores enchéronse de lendas e detalles incribles.[2][note 1]
Segundo as principais fontes chinesas, Bodhidharma era orixinario das rexións occidentais,[5][6] que se refire á Asia Central, mais pode incluír tamén o subcontinente indio, e era "persa da Asia Central"[5] ou "indio do sur [...] terceiro fillo dun gran rei indio".[6][note 2] Na arte budista, Bodhidharma é representado como unha persoa non chinesa irritable, con gran barba e ollos profundos. Nos textos Chan é mencionado como "O bárbaro de ollos azuis" (碧眼胡, Bìyǎnhú).[11]
Á parte dos relatos chineses, existen varias tradicións sobre as orixes de Bodhidharma.[note 3]
As fontes tamén difiren na data da súa chegada, coa máis antiga indicando que chegou durante a dinastía Liu Song (420–479) e outras durante a dinastía Liang (502–557). Bodhidharma estivo activo principalmente no territorio de Wei Setentrional (386–534). Os estudosos modernos dátano arredor do principio do século V.[16]
As ensinanzas e as prácticas de Bodhidharma centráronse na meditación e no Laṅkāvatāra Sūtra. A Antoloxía do Salón Patriarcal (952) identifícao como o 28.º patriarca do budismo nunha liña ininterrompida que se estende ata o propio Gautama Buda.[17] Bodhidharma tamén é coñecido como "O brahmin do grande ollar".[18]
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "note", pero non se atopou a etiqueta <references group="note"/>
correspondente
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "web", pero non se atopou a etiqueta <references group="web"/>
correspondente