Estado Plurinacional de Bolivia (es) Buliwya Achka nasyunkunap Mama llaqta (qu) Wuliwya Suyu (ay) Tetã Volívia (gn) | |||||
Himno | Himno nacional de Bolivia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «La Unión es la Fuerza» «Unity is Strength» «Обединението е силата» «Адзінства — сіла» «Cryfder yr Undeb» | ||||
Epónimo | Simón Bolívar | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Sucre A Paz (1899–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.244.159 (2023) (11,15 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá Lingua aimará linguas quechuas lingua guaraní | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.098.581 km² | ||||
Punto máis alto | Nevado Sajama (6.542 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Paraguai (90 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1825 | ||||
Sucedido por | Territorio de Acre | ||||
Evento clave | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
• Presidente | Luis Arce (2020–) | ||||
• Presidente | Luis Arce | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia , (Escano: 166) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 40.408.208.524 $ (2021) | ||||
Moeda | Boliviano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bo | ||||
Prefixo telefónico | +591 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911, 110, 119 e 160 | ||||
Código de país | BO | ||||
Bolivia[1] (coñecido oficialmente como Estado Plurinacional de Bolivia; en quechua: Puliwya Mamallaqta, aimará: Wuliwya Suyu, en guaraní: Tetã Hetãvoregua Mborivia) é un país do oeste de América do Sur que limita polo norte e leste co Brasil, polo sur con Paraguai e a Arxentina, e polo oeste con Chile e o Perú. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz. A meirande cidade e principal centro industrial é Santa Cruz de la Sierra, que se atopa en Llanos Orientales (as terras baixas tropicais), unha rexión principalmente chá do leste do país.
O estado soberano de Bolivia é un constitucionalmente un estado unitario dividido en nove departmentos. A súa xeografía varía dende os cumios dos Andes no oeste, ás terras baixas do leste, que se atopan dentro da bacía do río Amazonas. Un terzo do país atópase dentro da cadea montañosa dos Andes. Cunha área de 1,098,581 km², Bolivia é o quinto maior país de América do Sur, despois do Brasil, a Arxentina, o Perú e Colombia (e xunto con Paraguai, é un dos dous únicos países sen costa de América), o 27º meirande do mundo, o meirande estado sen litoral do hemisferio sur e o sétimo maior país sen costa do mundo, despois de Kazakhstán, Mongolia, o Chad, Níxer, Malí e Etiopía.
A poboación do país, estimada en 11 millóns de persoas, é multiétnica, incluíndo indíxenas, mestizos, europeos, asiáticos e africanos. A segregación racial e social que comezou na colonización española continuou até a era moderna. O castelán é a lingua oficial e predominante, aínda que outras 36 linguas indíxenas adquiriron status oficial, sendo as máis comúns o guaraní, o aimará e o quechua.