![]() ![]() | |
Nome orixinal | (el) Βλάσιος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século III ![]() Sivas, Turquía ![]() |
Morte | 316 ![]() Sivas, Turquía ![]() |
Causa da morte | pena de morte, decapitación ![]() |
Arcebispo católico | |
300 – | |
Bispo | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, médico, Anacoreta ![]() |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 3 de febreiro Blasiusmass 3 de febreiro cristianismo ortodoxo 24 de febreiro catolicismo ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Blasius, St. Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
Brais de Sebaste, venerado coma san Brais, foi un médico e bispo (bispo de Sebaste) de Sebaste (Sebastensis armenorum) na Armenia (actual Sivas, Turquía), e mártir cristián. Fixo vida eremítica nunha cova no bosque do Monte Erciyes, que converteu na súa sé episcopal. Foi torturado e executado, finando o ano 316, na mesma vila de Sebaste (Imperio Romano), na época do emperador romano Licinio, durante as persecucións aos cristiáns a comezos do século IV.
O seu culto espallouse por todo Oriente, e máis tarde por Occidente. Na Idade Media, chegáronse a contabilizar soamente en Roma 35 igrexas baixo a súa advocación. Venérase na Igrexa Católica o día 3 de febreiro; e nas Igrexas católicas orientais, Igrexas ortodoxas orientais (incluíndo a Igrexa apostólica armenia) o día 11 de febreiro.
Simbolízase cunhas candeas cruzadas (recordo do rito instituído por Brais); tamén cun cardador de ferro na man (símbolo do instrumento de tortura)[1]
Considérase padroeiro dos doentes da gorxa (farinxe), e dos otorrinolaringólogos.[2][3] É padrón da República de Paraguai, de dúas parroquias de Galicia, e da cidade de Dubrovnik (Croacia). Nesta cidade, a festa é emblemática e case milenaria (remóntase como mínimo ao ano 1190) e incorporouse en 2009 na listaxe do patrimonio cultural inmaterial da Humanidade pola UNESCO.[4]
O nome Brais é común en Galiza, e historicamente a variante Bras era tamén de amplo uso.