Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Connecticut | ||||
Condado | Condado de Fairfield | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 148.654 (2020) (2.954,62 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 51.638 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região Metropolitana de Nova Iorque (pt) (Poboación:20.140.470) | ||||
Superficie | 50,312475 km² | ||||
Auga | 17,4063 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Pequonnock River (en) | ||||
Altitude | 1 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1821 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Joe Ganim (pt) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 203 | ||||
Sitio web | bridgeportct.gov |
Bridgeport é a cidade con máis poboación do estado de Connecticut, e a quinta cidade máis grande de Nova Inglaterra. Situada no Condado de Fairfield, a cidade ten unha poboación estimada de 137.912[1] habitantes e é o corazón da área de Greater Bridgeport, que está considerada parte da área de mercado de traballo da cidade de Nova York.
A cidade é bastante coñecida pola súa conexión a veciños famosos, empresarios do circo e o unha vez alcalde P.T. Barnum. Barnum construíu tres casas na cidade, e organizou un circo na cidade durante varios invernos.
Bridgeport foi orixinalmente parte do municipio de Stratford. O primeiro asentamento aquí tivo lugar en 1659. Chamouse Pequonnock ata 1695, cando o seu nome cambiouse a Stratfield, debido á súa situación entre as xa existentes cidades de Stratford e Fairfield. Durante a Revolución Americana converteuse nun centro de piratería. En 1800 o municipio de Bridgeport rexistrouse como tal e en 1821 foi incorporado o concello. A cidade non aprobou os seus estatutos ata 1836.
A cidade foi o lugar de residencia da Compañía Frisbie Pie polo que se considerou que Bridgeport é lugar de nacemento do frisbee[2].
A comunidade ten dous hospitais, o Hospital Bridgeport e o Centro Médico de San Vicent.