O virus transmítese principalmente entre persoas en contacto próximo (entre 1 e 1,8 m)[12][13] xeralmente por medio das pingas respiratorias (coñecidas como micropingas de Flügge) producidas principalmente cando unha persoa tose ou espirra[12][14] e mesmo cando fala.[12][14][15] Estas pingas son relativamente pesadas e non permanecen no aire moito tempo,[12][16] pero en lugares cerrados ou non ventilados poden permanecer suspendidas por máis tempo, polo que non se poden descartar como posible fonte de infección. Igualmente, é posible a transmisión por pingas de tamaño máis pequeno, chamadas aerosois.[17][18] As persoas poden tamén contaxiarse de COVID-19 ao tocaren unha superficie contaminada e despois tocaren partes da súa face como nariz, boca ou ollos.[12][14] É máis contaxioso cando as persoas son sintomáticas, aínda que a transmisión tamén é posible antes de que aparezan os síntomas.[14] O virus pode seguir sendo contaxioso nas superficies ata 72 horas, dependendo do material sobre o que está.[19] O tempo que pasa desde a exposición ao comezo dos síntomas é xeralmente de entre dous e catorce días, cunha media de cinco días.[20][21] O método normal de diagnose é con probas de reacción en cadea da polimerase con transcriptase inversa (rRT-PCR) de mostras dun frotis nasofarínxeo.[22] A infección pode tamén diagnosticarse observando a presenza dunha combinación de síntomas e factores de risco e cunha tomografía computadorizada torácica que mostre características propias da pneumonía.[23][24]
As medidas recomendadas para previr a infección son lavar as mans frecuentemente, o distanciamento social (manter unha distancia física doutros, especialmente dos doentes), tusir ou espirrar nun tecido ou na parte interna do cóbado (o sangradoiro) e non tocar a cara coas mans sen lavar.[25][26] O uso de máscaras de protección recoméndase en lugares públicos para minimizar o risco de transmisión. Desenvolvéronse tamén diversas vacinas e varios países iniciaron campañas masivas de vacinación.[27][28] Non existe un tratamento antiviral para a COVID-19. A súa xestión implica o tratamento dos síntomas e de apoio, illamento e medidas experimentais.[29]
↑ 6,06,1Hui, D. S.; I. Azhar E.; Madani, T. A.; Ntoumi, F.; Kock, R.; Dar, O.; Ippolito, G.; Mchugh, T. D.; Memish, Z. A.; Drosten, Christian; Zumla, A.; Petersen, E. (febreiro de 2020). "The continuing 2019-nCoV epidemic threat of novel coronaviruses to global health—The latest 2019 novel coronavirus outbreak in Wuhan, China". Int J Infect Dis91: 264–66. PMID31953166. doi:10.1016/j.ijid.2020.01.009.
↑Velavan, T. P.; Meyer, C. G. (marzo de 2020). "The COVID-19 epidemic". Tropical Medicine & International Healthn/a (n/a): 278–80. PMID32052514. doi:10.1111/tmi.13383.
↑CDC (11 de febreiro de 2020). "2019 Novel Coronavirus (2019-nCoV)". Centers for Disease Control and Prevention. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020.