Os cabozoos (Cabozoa) son un clado de Eukarya proposto por Cavalier-Smith para agrupar aos grupos Rhizaria e Excavata.[1][2] Segundo esta clasificación, Cabozoa orixinouse cando o antepasado común de Excavata e Rhizaria adquiriu os cloroplastos por medio da inxestión e establecemento de endosimbiose cunha alga verde con clorofilas a e b. Este proceso de endosimbiose secundaria (mestura de dúas células eucariotas) reflíctese na topoloxía máis complexa das membranas que rodean os cloroplastos.