O canto[1] é a emisión controlada de sons do aparello fonador (voz), seguindo unha composición musical. O canto ten un rol importante dentro da música porque é o único medio musical que pode integrar texto á liña musical. O intérprete denomínase cantante, e para certos xéneros musicais cantor e cantaor.