En química orgánica o carbonilo é un grupo funcional que consiste nun átomo de carbono cun dobre enlace cun átomo de osíxeno (C=O). A palabra carbonilo pode referirse tamén ao monóxido de carbono como ligando nun complexo inorgánico ou organometálico (por exemplo, níquel carbonilo); neste caso, o carbono ten un dobre enlace co osíxeno.
Un grupo carbonilo caracteriza os tipos seguintes de compostos (-CO quere dicir un grupo carbonilo):
Composto | Estrutura | Fórmula |
---|---|---|
Aldehido | ![]() |
RCHO |
Cetona | ![]() |
RCOR' |
Ácido carboxílico | ![]() |
RCOOH |
Éster | ![]() |
RCOOR' |
Amida | ![]() |
RCONR'R" |
Enona | ![]() |
RCOC(R')=CR"R"' |
Acetilo | ![]() |
RCOCH3 |
Cloruro de acilo | ![]() |
RCOCl |
Anhídrido | ![]() |
(RCO)2O |