Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Cardo

Flor do cardo de Santa María.
Cirsium arizonicum, amosando a súa lanuxe en talos e follas.

Cardo é o nome común dun grupo de plantas herbáceas silvestres con follas e inflorescencias espiñentas da cal existen varias especies. A maioría pertencen á familia Asteraceae (asteráceas). Os espiños aparecen por toda a planta –nos talos e nas partes planas das follas; son unha adaptación que protexe as plantas de ser comidas polos animais herbívoros. Tipicamente, as cabezas florais están formadas por unha especie de invólucro en forma de cáliz que abraza os pétalos. O termo cardo emprégase ás veces para nomear as plantas da tribo Cynareae (sin.: Cardueae),[1] especialmente os xénero Carduus, Cirsium, e Onopordum.[2] Porén, algunhas plantas fóra desta tribo coñécense vulgarmente co nome galego cardo. O Dicionario das ciencias da natureza e da saúde[3] di que se chama cardo a diferentes das familias das compostas, dipsacáceas, papaveráceas, solanáceas e umbelíferas, especialmente os xéneros Carduus sp. e Cirsium sp. O cardo asneiro é o emblema floral de Escocia.

  1. "Cardueae". Tree of Life webproject. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2023. Consultado o 2012-10-30. 
  2. "thistle". Merriam-Webster's online dictionary. Consultado o 2007-11-30. 
  3. A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Previous Page Next Page






ኮሸሽላ AM شوك (نبات) Arabic ᏥᏥ CHR Heškóvêstséávó'êstse CHY Òstropùs CSB Ysgallen CY Bladhovedtidsel Danish Disteln German Thistle English Kardo EO

Responsive image

Responsive image