A Casa de Saud (ou Casa de Sa'ud) é actualmente a familia real de Arabia Saudita. A moderna nación saudita foi creada en 1932, pero a Casa de Saud é moito máis antiga. Antes de Abd al-Aziz III ibn Saud, esta familia gobernaba Nejd e a miúdo entrou en conflito co Imperio Otomán e cos Rashidis. A Casa de Saud está fortemente ligada ao Wahhabismo debido á voda do fillo de Muhammad ibn Saud coa filla de Muhammad ibn Abd al Wahhab en 1744.
A historia da Casa de Saud está marcada polo desexo de unificar a península Arábiga e por expandir o modo simple e puro de ver o islam que propugna o wahhabismo.