Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | O Castro de Caldelas ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.238 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 87,6 km² ![]() | ||||
Altitude | 763 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Sara Inés Vega (2019–) ![]() | ||||
Eleccións municipais en Castro Caldelas ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32023 ![]() | ||||
Sitio web | turismo.ribeirasacra.org… ![]() |
Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».
Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.