A catalase é un encima moi común, que se encontra en case todos os organismos vivos que están expostos ao oxíxeno. Cataliza a descomposición do peróxido de hidróxeno en auga e oxíxeno.[1] A catalase ten un dos números de recambio ou kcat máis altos entre os encimas, xa que unha molécula de catalase pode converter 6 millóns[2] de moléculas de peróxido de hidróxeno en auga e oxíxeno por segundo.[3]
A catalase é un encima formado por catro cadeas polipeptídicas (tetrámero), cada unha de aproximadamente 500 aminoácidos.[4] Contén catro grupos hemo (con ferro) porfirínicos, que lle permiten ao encima reaccionar co peróxido de hidróxeno. O pH óptimo da catalase humana é de aproximadamente 7,[5] e ten un máximo bastante amplo (a taxa da reacción non cambia apreciablemente entre os pHs 6,8 e 7,5).[6] O pH óptimo doutras catalases varía entre 4 e 11 dependendo da especie.[7] A temperatura óptima varía tamén coa especie.[8]
↑Goodsell DS (2004-09-01). "Catalase". Molecule of the Month. RCSB Protein Data Bank. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 2007-02-11.
↑"EC 1.11.1.6 - catalase". BRENDA: The Comprehensive Enzyme Information System. Department of Bioinformatics and Biochemistry, Technische Universität Braunschweig. Consultado o 2009-05-26.