Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Cazadores de testas

Un sacerdote da era do Mississippi, cunha maza cerimonial e unha testa cortada.

En antropoloxía, fálase de cazadores de testas para referirse ós grupos humanos que practicaban o ritual de preservar a testa dunha persoa despois de matala. A caza de cabezas foi practicada en tempos históricos en partes de Oceanía, Asia Meridional e Sueste asiático, África Occidental e Central e en Mesoamérica, así como en certas tribos dos celtas, pobos xermánicos e escitas da Europa antiga. En Europa, produciuse até o remate da Idade Media en Irlanda e na rexión da fronteira anglo-escocesa, e até o século XIX en Montenegro, Croacia, Albania e as partes occidentais de Hercegovina.[1]

Esta práctica foi obxecto de intenso estudo dentro da comunidade antropóloga, e os estudosos tentaron definir e interpretar o seu rol social, así como as súas funcións e motivacións. Os escritos de antropólogos achegan temas como a mortificación do rival, a violencia ritual, o equilibro cosmolóxico, o canibalismo, o prestixio de capturar o espírito e poder do rival, e como xeito de conseguir os servizos da vítima como escravo na outra vida.[2]

No presente, os estudosos concordan que a función primaria da caza de testas era ritual e cerimonial. Algúns expertos teorizan que a práctica provén da crenza de que a cabeza contén a "alma" ou a forza vital, que podería ser aproveitada a través da súa captura.[3]

  1. Encyclopædia Britannica (23 de febreiro de 2009). "headhunting (anthropology) – Britannica Online Encyclopedia". Britannica.com. Consultado o 25 de maio de 2010. 
  2. E-Modigliani, "Un viaggio a Nias," Fratelli Treves Editori Milano 1890
  3. Hutton, J. H. “The Significance of Head-Hunting in Assam.” The Journal of the Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland, vol. 58, 1928, pp. 399–408.

Previous Page Next Page






Koppesnellery AF Militafad AMI صيد الرؤوس Arabic নৰমুণ্ড চিকাৰ AS Pugot payo BCL Lovci lebek Czech Hovedjagt Danish Kopfjagd German Headhunting English Caza de cabezas Spanish

Responsive image

Responsive image