![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A central nuclear de Lemoiz é unha central nuclear que non chegou a ser posta en funcionamento, situada na localidade biscaíña de Lemoiz, no País Vasco (España). Comezou a construírse en 1972 da man da compañía eléctrica Iberduero, e aínda que o grupo I (dos dous de que constaba o proxecto) estaba rematado e unicamente estaba a falta de ser cargado co combustible, foi paralizado polo Goberno español de Felipe González en 1984. Na construción da central, empregáronse máis de 1000 toneladas de ferro e 200 000 m³ de formigón armado. A construción e posterior desmantelación da central, ascendeu a 6 000 millóns de euros.