Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Cinamomo

Cinamomo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Meliaceae
Xénero: Melia
Especie: M. azedarach
Nome binomial
Melia azedarach
L.

O cinamomo[1] ou árbore de santo Outelo[2] (Melia azedarach) é unha árbore mediana, de folla caediza, da familia das meliáceas.[3] Nativo do sueste asiático, espallouse a mediados do século XIX como ornamental en Suráfrica e as Américas, onde axiña se naturalizou, converténdose nunha especie invasora que desprazou outras autóctonas. Cultívase aínda para decoración e sombra, especialmente pola súa copa larga e vizosa.

  1. Único termo que recolle o Dicionario da RAG
  2. Nome vulgar en: Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  3. Nombre vulgar preferido en castellano, en Árboles: guía de campo; Johnson, Owen e More, David; traductor: Pijoan Rotger, Manuel, ed.

Previous Page Next Page