Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Citoplasma

Esquema dunha célula animal, cos seus orgánulos e outros compoñentes subcelulares:
(1) Nucléolo
(2) Núcleo celular
(3) Ribosomas (os pequenos puntos)
(4) Vesícula
(5) Retículo endoplasmático rugoso
(6) Aparato de Golgi
(7) Citoesqueleto
(8) Retículo endoplasmático liso
(9) Mitocondria
(10) Vacúolo
(11) Citoplasma
(12) Lisosoma
(13) Centríolos no centrosoma

O citoplasma é unha parte da célula presente tanto en células procariotas coma eucariotas. Na célula procariota é a parte que se encontra dentro da membrana plasmática, e na célula eucariota é a parte que se encontra entre o núcleo celular e a membrana.[1] Trátase dunha emulsión coloidal moi fina de aspecto granuloso, o citosol ou hialoplasma, en medio da cal se atopa unha rede de filamentos proteicos que forman o citoesqueleto e unha diversidade de orgánulos celulares con diferentes funcións.[2]

A súa función é conter os orgánulos celulares e contribuír aos movementos da célula. O citosol é o lugar onde se producen moitos dos procesos metabólicos da célula.

O citoplasma ás veces está dividido nunha rexión externa xelatinosa, próxima á membrana e implicada no movemento celular, que se denomina ectoplasma, e unha parte interna máis fluída, que recibe o nome de endoplasma, que é onde se atopan a maioría dos orgánulos.[3] No citoplasma están disoltos os diversos nutrientes que conseguiron atravesar a membrana celular.

Gran parte do citoplasma das células eucariotas está ocupado por un retículo de membranas coñecido como retículo endoplasmático (liso e rugoso), as cales serven de superficie de traballo para moitas das actividades celulares bioquímicas, polo que é máis grande nas células con maior actividade de exportación de substancias fóra da célula. Este retículo non existe nas células procariotas.[4].

  1. Foz i Sala, M.; Llauradó i Miret, E. i Ramis i Coris, J. (coordinadores) (2010). "Entrada "citoplasma"". Diccionari Enciclopèdic de Medicina. Enciclopèdia Catalana. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2015. Consultado o 11-01-2010. 
  2. van Zon A, Mossink MH, Scheper RJ, Sonneveld P, Wiemer EA (2003). "The vault complex". Cell. Mol. Life Sci. 60 (9): 1828–37. PMID 14523546. doi:10.1007/s00018-003-3030-y. 
  3. Nicolás Gillarim A.; Rodolfo Malpartida A.; Gillari Cés P.; Mónica Pastore P.; Fernando Papa Baumgärtner G. i M. Bertona A. (coordinadores) (2007). "Letra E". Diccionario Ecológico. Ambiente Ecológico. Consultado o 11-01-2010. ISSN 1668-3358
  4. Andres, Mario (2007). "Membrana citoplasmática". Monografias.com. Consultado o 26-10-2007. 

Previous Page Next Page






Citoplasma AN سيتوبلازم Arabic صيطوپلازم ARY Citoplasma AST Sitoplazma AZ Цытаплазма BE Цитоплазма Bulgarian সাইটোপ্লাজম Bengali/Bangla Citoplazma BS Citoplasma Catalan

Responsive image

Responsive image