Cochin, en portugués Cochim,[1] en malaiala: കൊച്ചി, Kochi é a cidade máis grande do estado de Querala, na India cerca de 220 km ao norte da capital do estado, Tiruvanantapura. Formou parte do Estado Portugués da India entre 1503 e 1663. Hoxe pertence ao distrito de Ernakulam. É un dos principais portos na costa occidental do país. Tamén é a maior cidade da India que non ten máis da metade dos seus habitantes que profesan o hinduísmo.[2]